Visitas do Blog

venres, 30 de xaneiro de 2015

Paz 2015

O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.

GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os hindús. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcelado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.

Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).

No noso cole quixemos aportar o noso gran de area facendo un mural entre tod@s, que podedes ver na entrada do colexio.


 


Cada un de nós foi poñendo o que nos parecía máis axeitado, e así fixeron tódolos cursos. Ao final fomos pegando as siluetas no mural(que previamente preparara o profe Xoán).
 


O resultado final é este. Espermos que vos guste.

Ningún comentario:

Publicar un comentario