Visitas do Blog

xoves, 22 de maio de 2014

Concurso Nestlé

Por segundo ano consecutivo, o 3º ciclo de EP participou nun concurso de NESTLÉ, "Aprender a comer ben". A profe falounos  dos beneficios de ter unha alimentación sa e equilibrada. O  noso corpo precisa de tódolos nutrientes para que funcione correctamente, non abusar das graxas e dos doces e  practicar deporte de maneira habitual.
Ademais, por grupos, tiñamos que elaborar un cartel sobre o tema. Fixemos grupos de 3 e os resultados foron os seguintes:

 Rita, Diego e Joel
                                                 










                                                 Lucía, Iria e Raúl


O día 21 publicaron os gañadores. Para velos, clicade no seguinte enlace

http://www.nestle.es/programaescolar/



mércores, 21 de maio de 2014

Simulacro

Hoxe, sen previo aviso, ás 10:30h tocou a serea dunha forma algo diferente...Tocaba aplicar o que aprenderamos con Manel.
Rita, a encargada da nosa clase, comprobou as ventás, a porta e fomos saíndo tal e como nos indicaran. O último puxo unha cadeira fóra e pechou a clase. Baixamos, non moi calados nin a modo, polo pasamáns ata encontrarnos todos na pista de canastas.
O bombeiro dixo que houbera erros e que a principios do próximo curso poñeriamos en práctica outro simulacro.
Para ser a primeira vez, non estivo mal.

luns, 19 de maio de 2014

Reciclaxe

Hoxe veu un rapaz ao cole para falarnos da importancia que ten separar o lixo e utilizar os contenedores amarelo, azul, verde oscuro e o iglú verde.
Aprendimos a importancia  das 3R, que significan:
Reducir.....Intentar mercar produtos que estean pouco envasados
Reutilizar...O beneficio de utilizar bolsas máis dunha vez
Reciclar.....Unha botella de vidro pode reciclarse ata 60 veces

O que hai que ter en conta , e no que a xente máis se equivoca, á hora de botar os distintos materiais a estes contenedores é que so serven os ENVASES . Todo o que envasa algo, sexa de plástico, cartón ou vidro, é óptimo para reciclar.
Contenedor Amarelo: latas, plásticos, bricks...
Contenedor Azul: papeis, envases de cartón , caixas...
 Iglú Verde: Envases de vidro, cristal...
Contenedor Verde: Todo o que non se mete nos outros e a materia orgánica.
Ademais, os aparellos electrónicos que xa non serven, debemos levalos a un PUNTO LIMPO. Nós, o que temos máis cerca está no  POLÍGONO DE VILAR DE COLO.
Para rematar a charla púxonos unha canción para non esquecernos do que aprendimos.
Clicade aquí para escoitala
//www.youtube.com/watch?v=gKB_7MUPxT4
Ao final da charla déronnos a cada un de nós un pequeno lapiceiro en forma de contenedor, un bolígrafo de cartón reciclado e un folleto informativo .

domingo, 18 de maio de 2014

Letras Galegas 2014

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP O RAMO propuxo un concurso no que cada neno/a tiña que facer unha caricatura de Xosé Mª Díaz Castro. En Primaria había un premio por ciclo. Pois ben, no 3º ciclo a gañadora foi LUCÍA RODEIRO FILGUEIRAS. Moitas Felicidades!!!!

Se queredes ver as caricaturas gañadoras clicade no Blog de Dinamización. Atoparedes o enlace na parte superior dereita desta páxina .

venres, 16 de maio de 2014

Semana dos maios

Ao final de todo, como tódolos anos, os alumnos/as de 5º e 6º fan a representación do maio de Viveiro.
Dende que o vin por primeira vez, en maio de 2012, encantoume. Este ano costou un pouco que saíran os ritmos, pero tamén quedou moi lucido.

Semana dos Maios

Despois de moito traballo por parte de todos, chegou o día de ensinalo.
Ás 13:00h comezaron a vir as familias dos alumnos/as para ver as nosas actuacións.
Houbo de todo:
Os máis pequechos cantaron a canción da sereiña e, como sempre, fixérono moi ben.
Os de 1º ciclo representaron unha pequena obra "O piollo e a pulga", que estivo moi simpática e a posta en escea foi impresionante.
Os de 3º fixeron unha representación muda, pintados de mimos. Quedou moi orixinal.
Os de 4º leron algúns poemas de Díaz Castro.
Os de 6º interpretaron coa frauta o himno galego e deleitáronnos cun pequeno rap do mesmo.
Nós, os de 5º, fixemos un pequeno resumo da biografía de Díaz Castro e tamén limos algúns poemas, por certo, moi ben entonados. A verdade é que o fixestes xenial.
 Parabéns da vosa profe.





xoves, 15 de maio de 2014

Letras Galegas 2014

Como xa sabedes, este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro.
Aprendimos que este día, o 17 de maio, é importante porque un 17 de maio de 1863, unha muller chamada Rosalía de Castro publicaba  "Cantares Gallegos".
100 anos despois da súa publicación, en 1963, celebrouse por primeira vez este día, adicándoselle á súa figura. A partires dese ano iríase recordando a numerosos autores que dunha ou doutra maneira, adicaron a súa vida e o seu esforzo a defender e difundir o noso idioma: O GALEGO.
Mañá faremos un pequeno festival no que cada curso realizará unha actividade diferente. Nós, os alumnos/as de 5º, leremos a súa biografía e tres pequenos poemas de "Nimbos", a súa obra máis importante.

A continuación faremos a tradicional representación do maio ( 5º e 6º ) e entre todos cantaremos o Himno Galego.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Semana dos Maios

Cando chega este mes é típico celebrar "Os Maios".
Ao longo de toda a semana elaboramos unha alfombra e un maio co material que aporta todo o alumnado: fiúncho, flores, cascas de ovos, xestas, borras de café...
Hoxe fixemos o maio. Imos baixando por cursos e, entre todos, ímolo montando. Aínda que non o pareza é bastante laborioso pero á vez divertido.



Educación viaria 2014

Outra das saídas típicas do noso cole e á que nós xa levamos moitos anos indo, é a do Parque de Educación Viaria. Quédanos tan cerca que imos a pé, sempre que o tempo nolo permita claro!
Este ano tócanos ir xuntos a a 4º-5º e 6º de primaria. Aínda que xa o coñecemos sempre nos gusta ir e pasámolo xenial. Ademáis cada ano aprendemos como comportarnos na rúa, tanto como peóns como condutores de bicicletas.
.............
Por fin!!!!!!!
Tódolos anos temos mala sorte co tempo e temos que cambiar a data de visita ao Parque de Educación Viaria .Este ano non foi diferente.
Como o día que tiñamos previsto ir ( 25 de marzo),  chovía, cambiámolo polo 6 de maio. Caía auga miúda  pero aínda así atrevímonos a ir. Os de 6º quedaron abaixo nos coches e os de 4º e 5º subimos á charla teórica. Cada vez chovía máis e, a pesares noso, cando chegou a hora de subirmos nós aos cars, as profes e Paco( o encargado do Parque) decidiron que era mellor voltar outro día. Non o entendimos moi ben porque , como nenos que somos, queremos todo xa e non entendemos iso de esperar.
Pois ben por fin poidemos ir hoxe.
Estivemos máis dunha hora montando nos cars e nas bicis, pasámolo súper ben e....mereceu a pena esperar. Mirade!!










Traballando

Vai parecer que sempre andamos de festa.
 Pois ben, entre charla e celebración tamén temos tempo para darlle algo aos libros. Hoxe, por exemplo, a profe tíñanos preparado un exame de verbos.
A verdade é que parecía bastante doado...iso si, había que ter estudado . Mirade que concentrados estabamos.