Visitas do Blog

mércores, 10 de xuño de 2015

3º día na Granxa Escola

Amanece o noso último día na granxa. Esta noite si que durmimos, é o que ten o non parar.
Alex, o noso monitor, felicitounos porque foi quen de durmir do tirón, díxonos que nunca tal lle pasara.
Hoxe tocaba ir facendo as maletas e sacar as sabas da cama. 
Baixamos a desayunar, igual de ben que o día anterior e, como nos portamos ben repetimos na tirolina. Hoxe tamén se lanzaron os que o día anterior non se atreveran: Alexandra, Rita, Ignacio e......AS PROFES. Jajajaja tiñan medo brrrrrrr, pero ao final foron quen de lanzarse. Uuuufffffff! que experiencia!!
Tamén nos explicaron un pouco as características dos animais que habitan na granxa. Despois dun anaco de tempo libre, fomos comer. Hoxe había paella e pizza. De postre, despois de prometérnolo Alex, puxéronnos xeado. Coma sempre, todo estaba boísimo. Despois de comer outro xeado fóra, puidemos mercar algún detalliño para os nosos familiares e para nós mesmos. Aquí remataba o noso paso pola Granxa Ría do Eo. Ás 15:00h subimos ao autobús e emprendimos a viaxe de volta. 
Chegamos ao cole ás 16:40h moi cansos pero cun bo sabor de boca. Gustaríanos repetir.
Agora vos deixo unhas fotos para que poidades vernos nesta pequena aventura.


luns, 8 de xuño de 2015

2º Día na Granxa Escola

Despois dunha noite movidiña( a verdade é que nos costou un chisco quedarnos durmid@s) fomos tomar o desayuno...Que rico!!!: leite con colacao, zumes, galletas, cereais e pan recén tostado con manteiga e marmelada.
A mañá estaba espléndida, así que fixemos unha camiñata ata a beira do río Eo. Foi un paseo moi bonito e doado de facer. Xa na ribeira Alex, o noso monitor, ensinounos a recoñecer o sexo dos cangrexos...Despois subimos a unha especie de illote a ver que vexetación había, así como os distintos pobos que había ao noso redor e a onde pertencían, por exemplo, Castropol a Asturias, Ribadeo a Galicia. A volta costounos un pouco máis xa que facía calor e tiñamos fame. Ao chegar deixáronnos descansar ata a hora de comer. Había pasta con tomate de primeiro, albóndigas con patacas fritidas de segundo e natillas de postre. Todo estaba moi rico.
Pola tarde fixemos varias actividades: primeiro explicáronnos como era un horto e plantamos unha leituga cada un de nós, logo fomos ao campo e aprendimos a facer uns chaveiros, logo montamos a cabalo e nos tiramos en tirolina, que guay!!!
Duchas, tempo libre e cea. Tocaba sopa de primeiro, san xacobos con patacas de segundo e xelatina de postre. Despois xogos. Pero hoxe tiñamos a granxa para nós sos. Rímonos moito cos xogos que nos fixeron: con Raúl soprando a cegas, con Ignacio e Bruno dándose labazadas cunha culler e con Lucía e Iria V. facendo de burro e Nerea recorrendo o seu lombo.
Despois propuxéronnos un pequeno reto: unha xincana polo exterior da granxa.......A ESCURAS.
AAAAAAHHHHHHHHHH!!!!!!!Que medo e que ben o pasamos.
Para finalizar, un pouco de música para rematar de cansarnos e a durmir.....xa non podiamos máis.

luns, 1 de xuño de 2015

1º Día na Granxa Escola

Por fin chegou o día que tanto tempo levavamos esperando.
Ás 8:20 horas estabamos todos no cole....nunca tan puntuais fomos. Jeje
Saímos sobre as 8:45. Durante a viaxe choveu miudiño e atopamos zonas con bastante néboa, pero sen problema. Fixemos unha paradiña á altura de Lourenzá. Chegamos á granxa ás 11:00 horas, máis puntuais imposible.

Deixamos as bolsas nas habitacións, puxemos as sabas baixeiras nas camas(cada un a súa) e baixamos a que nos explicaran as normas e as diferentes actividades que iamos realizar.
Pola mañá fixemos un boliño de pan e tivemos tempo libre ata a hora do xantar, que é ás 13:30h.
Hoxe tocaba guiso de carne de primeiro, variñas de peixe e empanadillas con ensalada de segundo e un peladillo de postre. Despois de explicarnos como tiñamos que abandonar as nosas mesas e onde deixar as bandexas deixáronnos ir mercar un xeado.
Despois aseámonos, e tivemos tempo libre ata as 3:30h. Logo fomos á horta, prantamos unhas leitugas e regámolas. Logo fixemos unhas velas de cera e fomos facer un percorrido en bicicleta.
Despois merendamos e fixemos máis artesanía: broches e pirograbado. Estamos a pasalo moi ben.

xoves, 21 de maio de 2015

Estamos de volta

Despois de estes meses sen dar sinais de vida.....estamos de volta!!!!!
Non pensedes que estivemos de vacacións ........todo o contrario. Non paramos!!
Dende o Entroido non deixamos de facer actividades.

Co motivo do Día de San Valentín celebramos a Semana do Agarimo. Consistía en que cada neno/a, pai/nai, avós/avoas, etc. escribíralle unha carta de agradecemento aos alumnos/as, incluso a algún profe.
A verdade é que tivo bastante éxito. Á nosa clase tamén chegaron varias cartas, unha delas escribiuna a profe, adicada a todo o grupo clase.

Non vos esquezades nunca da importancia de dicirlle ás persoas máis importantes para vós o que sentides. Se non o facedes a miúdo practicade, xa veredes que ben vos sentides.

Dende o 13 de febreiro ata o 27 de marzo tivemos a sorte de ter a Dani na nosa clase. Estivo a facer as prácticas do 3º curso de Grao en Mestre de Educación Primaria.

O venres 6 de marzo, como tódolos anos, fomos á Casa da Cultura para celebrar o día da Muller Traballadora. Os alumnos/as do 3º ciclo escollimos uns textos da autora Francisca Herrera , que foi a primeira muller elexida académica da Real Academia Galega . Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 1987.


O venres 10 de marzo, o noso Orientador (e tamén Director) Benigno Sánchez Vales, deunos unha charla sobre "Técnicas e Hábitos de Estudio".


Seguimos ....o 27 de marzo, ademais de darnos as notas da 2ª avaliación, fomos ao Pavillón da Xunqueira para participar na xornada de Atletismo Divertido  que tódolos anos organiza o Concello de Fene para todos os centros de primaria. Coma sempre pasámolo moi ben.

O 14 de abril viñeron á nosa clase dous rapaces a contarnos que tipo de aves tiñamos no noso concello e como podiamos axudar a protexelas.




O 15 de abril visitounos Antón Cortizas, un escritor ferrolano que escribiu numerosos libros infantís e xuvenís. Algúns alumnos/as do 3º ciclo representaron o conto "Contín Contón" para todo o alumnado do centro. Saiulles moi ben. 






O 20 de abril tamén tivemos unha charla sobre  reciclaxe.

Por outra banda, tamén dende o concello (concretamente dende o departamento de cultura e deportes) propuxéronnos participar, xa que tiñamos reservado o Parque de Educación Viaria o 8 de maio, na celebración da III Semana Mundial da Educación Viaria. Para iso tivemos a visita, o 28 de abril, de dúas funcionarias do departamento de tráfico de A Coruña. Contáronnos en que ía consistir o acto do 8 de maio e tamén que podiamos facer entre tod@s, peatóns e condutores, para reducir os accidentes de tráfico.


Ademais de todo isto e ao longo de 10 semanas recibimos na nosa clase a visita de Raquel, unha Educadora Social que veu para traballar con nós as Habilidades Sociais. Dende diferentes xogos, foinos plantexando  situacións da vida cotiá ás que nós temos e teremos que enfrontarnos e que ás veces cóstanos tanto traballo. Gustounos moito e pareceunos moi produtivo.

Igual que o curso pasado, participamos en dous concursos propostos tamén polo concello de Fene: Microrrelatos e Creación Artística,:Poesía e Imaxe. Os microrrelatos(5º e 6º de EP) teñen que ser de 150 palabras como máximo e este ano tiña como temática As Lembranzas e había que comezalo  así:
"É agora a hora de...."
A creación artística (infantil e primaria) consiste en ler unha serie de poesías, escoller unha e facer unha creación artística relacionada con ela. Saíron traballos moi bonitos, algúns podedes velos expostos na entrada do cole.

Para rematar, contarvos que xa que os días 1, 2 e 3 de xuño imos de excursión á Granxa Escola "Ría del Eo" e nos faltaban uns cartiños para poder pagar a viaxe, estivemos organizando o III Mercadillo O Ramo. Unha actividade na que intentamos vender produtos elaborados por nós mesmos: carteiras, axendas, marcapáxinas, bolsos...e diferentes postres elaborados polas familias dos nenos e nenas de 5º e 6º. Pois ben, o Mercadillo fíxose o pasado 15 de maio aproveitando a celebración dos maios e foi un gran éxito. Merecémolo despois de tanto traballo. Aproveito para dar as grazas a todos vós pola vosa colaboración. 













venres, 13 de febreiro de 2015

Entroido 2015 *

Hoxe pola mañá erguímonos todos con moita ansia. Esperábanos un día realmente axetreado. Ás 9:30 empezamos a vestirnos. Pouco despois veu Saila, a mamá de Diaou (cunha axudante) para maquillarnos. Xa non había volta atrás, so esperar a que todo saira ben.








Ademais temos outro axudante; Dani, que está a facer prácticas no Ramo. Estará con nós ata o 27 de marzo. Esperamos que se atope a gusto.


Despois de que actuaran os nen@s de infantil,1º ciclo, 4º EP e 3º EP tocounos a nós. A profe estaba tan pendente de que a entrada no salón de actos fora axeitada que se esqueceu de poñer no escenario o asento do Rei e O ENTROIDO........Ai!!!!! Que desastre!!!!! Tivo que subir ao escenario coa obra xa empezada e sacar a cadeira e o Meco.
Bueno, despois de todo este desaguisado, menos mal que todo saiu......XENIAL.

Dende o mes de outubro, que  empezamos lendo a obra na Hora de Ler, ata hoxe, foi moito o traballo realizado. Espero que todos os asistentes desfrutaran tanto coma eu. Parabéns aos 15 porque se esforzaron un montón.


Despois de todo este estrés tocaba soltar a adrenalina no "Túnel do Medo". Que ben o pasasron.

FELIZ ENTROIDO!!!!!!!!!!!






xoves, 12 de febreiro de 2015

Entroido 2015

Mañá celebraremos o gran día do entroido. Todos os nen@s o cole se disfrazarán. O fío condutor este ano son as Artes Escénicas. Os alumnos/as do 3º ciclo irán disfrazados de compañía teatral. O disfraz non está escollizo ao chou, é que van representar unha pequena obriña teatral. Levan ensaiando nela dende o mes de outubro. Despois de moitos ensaios e....erros, ao final penso que vai saír ben pero creo que todos están bastante nerviosos. Así que dende aquí quero enviarvos moitos ánimos e desexarvos que todo vos saia moi ben. Sodes uns "cracks".


2º e 3º Mandato


Para finalizar esta semana de entroido imos ver que nos pide este entroido tan peculiar. Iria e Raúl lerán este último mandato, sobre todo para eles e os seus compañeiros de 6º, xa que será o derradeiro.
Espero que o desfruten moito.




Teremos que ir todos, ademais de con falda e maquillados os nenos e con corbata e pantalóns as nenas, todos con gorros, cunhas bonitas gafas de sol. MIRADE!!!!








martes, 10 de febreiro de 2015

1º Mandato

Pois ben....aquí tedes o resultado do 1º mandato.











Ademais hoxe, Iria e Raúl, leron o segundo mandato do Meco. Di que mañá teremos que ir tod@s cun sombreiro moi elegante. Pois xa sabedes a buscar un sombreiriño para poder vir ben guapiños.


Seguiremos informándovos...

luns, 9 de febreiro de 2015

Meco 2015

Xa chegou o ENTROIDO...este ano en forma de SEÑORITA BOLSHOI. que coqueta está esta "dona croqueta".
















Como tódolos anos uns mandatos fainos cumplir para que os alumn@s do Ramo non nos poidamos aburrir.
Iria e Raúl encargáronse de ler para todos.




O primeiro di que as nenas cun pantalón e garabata irán e os nenos con falda e maquillados ao cole acudirán.



Xa veremos con que nos atopamos mañá.

venres, 30 de xaneiro de 2015

Paz 2015

O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.

GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os hindús. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcelado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.

Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).

No noso cole quixemos aportar o noso gran de area facendo un mural entre tod@s, que podedes ver na entrada do colexio.


 


Cada un de nós foi poñendo o que nos parecía máis axeitado, e así fixeron tódolos cursos. Ao final fomos pegando as siluetas no mural(que previamente preparara o profe Xoán).
 


O resultado final é este. Espermos que vos guste.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Traballando...

Hoxe, os alumnos/as de 6º de EP estivemos construíndo un pequeno circuíto eléctrico.
Para iso precisamos:
-unha pila de petaca
-varios anacos dun fío condutor
-lámpadas
-un interruptor(opcional)

O obxectivo é conseguir que a/as lámpada/s acendan. Para iso precisamos que tódolos elementos citados anteriormente estean conectados entre si, é dicir, que o circuíto estea pechado. Estivemos probando e, aínda que resultou algo complicado manter os cables ben conectados, conseguímolo. Aquí tedes o resultado.






sábado, 17 de xaneiro de 2015

Excursión a Coruña

Feliz ano a tod@s!!!

Empezamos este novo trimestre con moitas forzas e xa un pouco viaxeiros.
O pasado xoves, 15 de xaneiro, realizamos unha saída a Coruña. Fomos todos os alumnos e alumnas do cole, dende os de 3 anos ata os de 6º de primaria.
Primeiro visitamos o Aquarium Finisterrae, onde unhas rapazas guiáronnos e contáronnos todas as actividades que levan a cabo alí, así como curiosidades dos seus habitantes, os peixes.
Unha das cousas que máis nos impresionou foron uns ósos dunha Balea Rorcual atopada na costa da Coruña hai uns anos.





E o que máis nos gustou a case tod@s, incluidos os peques, foi o Nautilus onde viven infinidade de peixes, algúns moi grandes como meros e robalizas. Por último coñecimos a Gastón, un tiburón ben grande que nadaba sen cesar.










Despois, os alumnos de 3º,4º,5º e 6º de primaria fomos ao Museo Nacional de Ciencia e tecnoloxía (MUNCYT). Alí, a diferenza do acuario, unha rapaza íanos levando polas diferentes salas que hai propoñéndonos pequenos retos. Resultounos moito máis entretido e divertido.
Alí vimos a cabina dun boing 747, así como unha das súas turbinas e unha caixa negra dun avión (aínda que realmente son laranxas).

Estivemos nunha sala onde habís información sobre as placas tectónicas e os terremotos. Sabíades que esas placas móvense á velocidade á que medran as nosas uñas????????

Despois fomos a unha sala onde había moitas cousas: un seat seiscentos que nos chamou bastante a atención, unha moto con sidecar, o 1º ordenador de apple, a primeira tv que houbo en España, radios, magnetófonos....
Por último baixamos áplanta baixa onde coñecimos a Pepe Xan e Mari Lu, dous robots que coqueteaban entre eles, cantaban, bailaban....
Tamén había varias vitrinas con algo que nos chamou bastante a atención: cachivaches, chintófanos e trebellos., é dicir, esas palabriñas que tanto nos gusta dicir a nós e que á profe tan pouco lle gustan.....moi curioso.
Ao final, no mesmo MUNCYT, tiñamos reservada a zona picnic, e comimos os nosos bocadillos. A verdade é que era un sitio moi acolledor. Gustounos moito ir e pasámolo xenial.