Visitas do Blog

venres, 20 de xuño de 2014

EMILIO

Ademais de despedir o curso, tamén temos que despedirnos de Emilio, o noso profe de música durante este curso.
Dános moita pena que marche, pero así é a vida. Nós quixemos facerlle algo para que sempre se acordara dos seus alumnos do Ramo.
Desexámoslle moita sorte no seu novo cole. ATA SEMPRE EMILIO


Fin de Curso

Por fin chegou o día que tanto lles gusta aos nenos/as e ...bueno......tamén aos profes.
Despois de traballar todo o ano, estudar, facer as tarefas, madrugar....toca descansar e coller enerxías para comezar outra vez en setembro.
Hoxe é un día de moit
a actividade, imos facer unha pequena festa na clase cos compañeiros de 6º, que xa se van do cole. Tamén faremos un acto de despedida para eles, xogaremos uns partidos de fútbol e....darannos as notas, que esperemos que sexan boas.
Moita Sorte a todos/as e FELIZ VERÁN!!!
Non vos esquezades de ler moito e se vedes que vos aburrides e non sabedes que facer, collede o libriño de matemáticas e facede algunha división que seguro que vos entretedes un pouco e vos acordaredes de min.
Pasádeo ben e disfrutade moito.

Bicos.

xoves, 19 de xuño de 2014

Apadriñamentos

Onte fixemos os últimos apadriñamentos deste curso. Daba gusto estar fóra á sombriña, aínda que algúns  prefiriron estar ao fresquiño dentro do centro.







luns, 16 de xuño de 2014

Excursión fin de curso

Este ano, a diferencia doutros, fixemos unha pequena saída pero non por iso menos divertida.  Todos os alumnos e alumnas fomos a Cabanas.......á praia!!!!!!!
O tempo acompañaba e pasámolo pipa. Tomamos o sol, xogamos, e bañámonos o que quixemos...iso si, con moita prudencia.
Unha bonita forma de despedir o curso.









domingo, 8 de xuño de 2014

Jose Carballido

Acordádesvos do profe Jose? Deuvos clase de música cando iades en 3º.
Como xa sabedes ten un grupo de música e de cando en vez fai actuacións aquí e acolá. Pois ben, este sábado presentou en Sada  KHÍTARA,  un proxecto no que pezas do rock clásico adquiren unha nova dimensión ao ser arranxadas para dúas guitarras eléctricas, dúas españolas e un caixón flamenco.
Déixovos unha mostra para que vexades que ben o fai.
https://www.youtube.com/watch?v=yPNd4i9xnKs

Aproveito tamén para desexarlle moita sorte.