Visitas do Blog

mércores, 10 de xuño de 2015

3º día na Granxa Escola

Amanece o noso último día na granxa. Esta noite si que durmimos, é o que ten o non parar.
Alex, o noso monitor, felicitounos porque foi quen de durmir do tirón, díxonos que nunca tal lle pasara.
Hoxe tocaba ir facendo as maletas e sacar as sabas da cama. 
Baixamos a desayunar, igual de ben que o día anterior e, como nos portamos ben repetimos na tirolina. Hoxe tamén se lanzaron os que o día anterior non se atreveran: Alexandra, Rita, Ignacio e......AS PROFES. Jajajaja tiñan medo brrrrrrr, pero ao final foron quen de lanzarse. Uuuufffffff! que experiencia!!
Tamén nos explicaron un pouco as características dos animais que habitan na granxa. Despois dun anaco de tempo libre, fomos comer. Hoxe había paella e pizza. De postre, despois de prometérnolo Alex, puxéronnos xeado. Coma sempre, todo estaba boísimo. Despois de comer outro xeado fóra, puidemos mercar algún detalliño para os nosos familiares e para nós mesmos. Aquí remataba o noso paso pola Granxa Ría do Eo. Ás 15:00h subimos ao autobús e emprendimos a viaxe de volta. 
Chegamos ao cole ás 16:40h moi cansos pero cun bo sabor de boca. Gustaríanos repetir.
Agora vos deixo unhas fotos para que poidades vernos nesta pequena aventura.


luns, 8 de xuño de 2015

2º Día na Granxa Escola

Despois dunha noite movidiña( a verdade é que nos costou un chisco quedarnos durmid@s) fomos tomar o desayuno...Que rico!!!: leite con colacao, zumes, galletas, cereais e pan recén tostado con manteiga e marmelada.
A mañá estaba espléndida, así que fixemos unha camiñata ata a beira do río Eo. Foi un paseo moi bonito e doado de facer. Xa na ribeira Alex, o noso monitor, ensinounos a recoñecer o sexo dos cangrexos...Despois subimos a unha especie de illote a ver que vexetación había, así como os distintos pobos que había ao noso redor e a onde pertencían, por exemplo, Castropol a Asturias, Ribadeo a Galicia. A volta costounos un pouco máis xa que facía calor e tiñamos fame. Ao chegar deixáronnos descansar ata a hora de comer. Había pasta con tomate de primeiro, albóndigas con patacas fritidas de segundo e natillas de postre. Todo estaba moi rico.
Pola tarde fixemos varias actividades: primeiro explicáronnos como era un horto e plantamos unha leituga cada un de nós, logo fomos ao campo e aprendimos a facer uns chaveiros, logo montamos a cabalo e nos tiramos en tirolina, que guay!!!
Duchas, tempo libre e cea. Tocaba sopa de primeiro, san xacobos con patacas de segundo e xelatina de postre. Despois xogos. Pero hoxe tiñamos a granxa para nós sos. Rímonos moito cos xogos que nos fixeron: con Raúl soprando a cegas, con Ignacio e Bruno dándose labazadas cunha culler e con Lucía e Iria V. facendo de burro e Nerea recorrendo o seu lombo.
Despois propuxéronnos un pequeno reto: unha xincana polo exterior da granxa.......A ESCURAS.
AAAAAAHHHHHHHHHH!!!!!!!Que medo e que ben o pasamos.
Para finalizar, un pouco de música para rematar de cansarnos e a durmir.....xa non podiamos máis.

luns, 1 de xuño de 2015

1º Día na Granxa Escola

Por fin chegou o día que tanto tempo levavamos esperando.
Ás 8:20 horas estabamos todos no cole....nunca tan puntuais fomos. Jeje
Saímos sobre as 8:45. Durante a viaxe choveu miudiño e atopamos zonas con bastante néboa, pero sen problema. Fixemos unha paradiña á altura de Lourenzá. Chegamos á granxa ás 11:00 horas, máis puntuais imposible.

Deixamos as bolsas nas habitacións, puxemos as sabas baixeiras nas camas(cada un a súa) e baixamos a que nos explicaran as normas e as diferentes actividades que iamos realizar.
Pola mañá fixemos un boliño de pan e tivemos tempo libre ata a hora do xantar, que é ás 13:30h.
Hoxe tocaba guiso de carne de primeiro, variñas de peixe e empanadillas con ensalada de segundo e un peladillo de postre. Despois de explicarnos como tiñamos que abandonar as nosas mesas e onde deixar as bandexas deixáronnos ir mercar un xeado.
Despois aseámonos, e tivemos tempo libre ata as 3:30h. Logo fomos á horta, prantamos unhas leitugas e regámolas. Logo fixemos unhas velas de cera e fomos facer un percorrido en bicicleta.
Despois merendamos e fixemos máis artesanía: broches e pirograbado. Estamos a pasalo moi ben.