Visitas do Blog

sábado, 17 de xaneiro de 2015

Excursión a Coruña

Feliz ano a tod@s!!!

Empezamos este novo trimestre con moitas forzas e xa un pouco viaxeiros.
O pasado xoves, 15 de xaneiro, realizamos unha saída a Coruña. Fomos todos os alumnos e alumnas do cole, dende os de 3 anos ata os de 6º de primaria.
Primeiro visitamos o Aquarium Finisterrae, onde unhas rapazas guiáronnos e contáronnos todas as actividades que levan a cabo alí, así como curiosidades dos seus habitantes, os peixes.
Unha das cousas que máis nos impresionou foron uns ósos dunha Balea Rorcual atopada na costa da Coruña hai uns anos.





E o que máis nos gustou a case tod@s, incluidos os peques, foi o Nautilus onde viven infinidade de peixes, algúns moi grandes como meros e robalizas. Por último coñecimos a Gastón, un tiburón ben grande que nadaba sen cesar.










Despois, os alumnos de 3º,4º,5º e 6º de primaria fomos ao Museo Nacional de Ciencia e tecnoloxía (MUNCYT). Alí, a diferenza do acuario, unha rapaza íanos levando polas diferentes salas que hai propoñéndonos pequenos retos. Resultounos moito máis entretido e divertido.
Alí vimos a cabina dun boing 747, así como unha das súas turbinas e unha caixa negra dun avión (aínda que realmente son laranxas).

Estivemos nunha sala onde habís información sobre as placas tectónicas e os terremotos. Sabíades que esas placas móvense á velocidade á que medran as nosas uñas????????

Despois fomos a unha sala onde había moitas cousas: un seat seiscentos que nos chamou bastante a atención, unha moto con sidecar, o 1º ordenador de apple, a primeira tv que houbo en España, radios, magnetófonos....
Por último baixamos áplanta baixa onde coñecimos a Pepe Xan e Mari Lu, dous robots que coqueteaban entre eles, cantaban, bailaban....
Tamén había varias vitrinas con algo que nos chamou bastante a atención: cachivaches, chintófanos e trebellos., é dicir, esas palabriñas que tanto nos gusta dicir a nós e que á profe tan pouco lle gustan.....moi curioso.
Ao final, no mesmo MUNCYT, tiñamos reservada a zona picnic, e comimos os nosos bocadillos. A verdade é que era un sitio moi acolledor. Gustounos moito ir e pasámolo xenial.















Ningún comentario:

Publicar un comentario