Visitas do Blog

domingo, 26 de outubro de 2014

MAGOSTO 2014

Por fin chegou o día!!!!!!


Así quedaron as cabazas:




Xogamos ao brilé:





Algunhas montamos nos zancos:




Comimos castañas....boísimas




E nos lanzamos en carrilana.









 Iso si....como somos os maiores estivemos encargados de subir as carrilanas e.....uns traballamos máis ca outros. Xa o veredes





Ao final da mañá estabamos cansas pero satisfeitas. 




xoves, 23 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014

Pois rematamos a semana celebrando o tradicional MAGOSTO. Ao longo da mañá visitaremos a exposición de cabazas, faremos unha sesión de xogos tradicionais: os zancos, a corda, pasemisi, brilé,.....
A continuación comeremos as castañas que asarán o profe Xoán e Guillermo, o noso "súper" conserxe.
Por último e o que máis nos gosta: A CARREIRA DE CARRILANAS. Esperamos pasalo moi ben.
Deica mañá!!!!!



















mércores, 22 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014

Continuamos coas celebracións do OUTONO.
Hoxe tocoulle ás cabazas. Todos trouxemos unha. Algunhas eran doadas de baleirar e outras resistíanse algo máis. Levounos case toda a mañá.
























Despois fomos decorándoas como máis nos gustou. quedaron chulísimas. Mirade!!















Todas estas cabazas e as do resto do alumnado do cole están expostas no salón de actos. Xa veremos como quedan. 
Ata moi pronto!!

luns, 20 de outubro de 2014

Setas 2014

Hoxe, un ano máis, fomos a Goente a coller setas. A novidade deste ano foi, sen dúbida, a calor.......uffffffff canto suamos. Camiñamos moitiiiisimo pero gustounos e collimos bastantes setas. Unha mostra: