Visitas do Blog

venres, 30 de xaneiro de 2015

Paz 2015

O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.

GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os hindús. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcelado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.

Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).

No noso cole quixemos aportar o noso gran de area facendo un mural entre tod@s, que podedes ver na entrada do colexio.


 


Cada un de nós foi poñendo o que nos parecía máis axeitado, e así fixeron tódolos cursos. Ao final fomos pegando as siluetas no mural(que previamente preparara o profe Xoán).
 


O resultado final é este. Espermos que vos guste.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Traballando...

Hoxe, os alumnos/as de 6º de EP estivemos construíndo un pequeno circuíto eléctrico.
Para iso precisamos:
-unha pila de petaca
-varios anacos dun fío condutor
-lámpadas
-un interruptor(opcional)

O obxectivo é conseguir que a/as lámpada/s acendan. Para iso precisamos que tódolos elementos citados anteriormente estean conectados entre si, é dicir, que o circuíto estea pechado. Estivemos probando e, aínda que resultou algo complicado manter os cables ben conectados, conseguímolo. Aquí tedes o resultado.






sábado, 17 de xaneiro de 2015

Excursión a Coruña

Feliz ano a tod@s!!!

Empezamos este novo trimestre con moitas forzas e xa un pouco viaxeiros.
O pasado xoves, 15 de xaneiro, realizamos unha saída a Coruña. Fomos todos os alumnos e alumnas do cole, dende os de 3 anos ata os de 6º de primaria.
Primeiro visitamos o Aquarium Finisterrae, onde unhas rapazas guiáronnos e contáronnos todas as actividades que levan a cabo alí, así como curiosidades dos seus habitantes, os peixes.
Unha das cousas que máis nos impresionou foron uns ósos dunha Balea Rorcual atopada na costa da Coruña hai uns anos.





E o que máis nos gustou a case tod@s, incluidos os peques, foi o Nautilus onde viven infinidade de peixes, algúns moi grandes como meros e robalizas. Por último coñecimos a Gastón, un tiburón ben grande que nadaba sen cesar.










Despois, os alumnos de 3º,4º,5º e 6º de primaria fomos ao Museo Nacional de Ciencia e tecnoloxía (MUNCYT). Alí, a diferenza do acuario, unha rapaza íanos levando polas diferentes salas que hai propoñéndonos pequenos retos. Resultounos moito máis entretido e divertido.
Alí vimos a cabina dun boing 747, así como unha das súas turbinas e unha caixa negra dun avión (aínda que realmente son laranxas).

Estivemos nunha sala onde habís información sobre as placas tectónicas e os terremotos. Sabíades que esas placas móvense á velocidade á que medran as nosas uñas????????

Despois fomos a unha sala onde había moitas cousas: un seat seiscentos que nos chamou bastante a atención, unha moto con sidecar, o 1º ordenador de apple, a primeira tv que houbo en España, radios, magnetófonos....
Por último baixamos áplanta baixa onde coñecimos a Pepe Xan e Mari Lu, dous robots que coqueteaban entre eles, cantaban, bailaban....
Tamén había varias vitrinas con algo que nos chamou bastante a atención: cachivaches, chintófanos e trebellos., é dicir, esas palabriñas que tanto nos gusta dicir a nós e que á profe tan pouco lle gustan.....moi curioso.
Ao final, no mesmo MUNCYT, tiñamos reservada a zona picnic, e comimos os nosos bocadillos. A verdade é que era un sitio moi acolledor. Gustounos moito ir e pasámolo xenial.