Visitas do Blog

xoves, 18 de decembro de 2014

Nadal 2014

Ola a tod@s!!!!

Mañá, un ano máis, recibiremos a visita dos Reis Magos de Oriente.....Que nervios. Tócanos dar conta de que como nos portamos  durante este ano para ver se nos poden deixar algunha das cousiñas que lles pedimos.

Despois, por cuarto ano consecutivo, participaremos na GYNKANA de Nadal.

Para ver as fotos podedes facelo no Blog da Biblioteca. Espero que vos gusten.

Ademais darannos as notas da 1ª avaliación.
Aos que aproben todo con boas notas so me queda felicitalos.
Se hai quen leva notas non tan boas dicirlles que se esforcen un pouco máis para poder melloralas.
Con ESFORZO e CONSTANCIA pódese conseguir.
Moito ánimo e FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO 2015.


BKS a tod@s. Vémonos o 8 de xaneiro.

mércores, 17 de decembro de 2014

Número Gañador Cesta Nadal

Pois o número do cupón da ONCE de hoxe é


85697

RIFA DE NADAL

Como xa sabedes, a finais deste curso os alumnos/as do 3º ciclo iremos de excursión á Granxa Escola "Ría do Eo". Para poder ir precisamos recadar algúns cartiños. Por iso sorteamos unha cesta de Nadal que fixemos entre todos. Levamos dende outubro vendendo rifas e , por fin, hoxe saberemos cal é o número premiado, aquel que coincida coas catro últimas cifras do sorteo da ONCE.
 Ánimo e a ver se toca!!!!!

xoves, 4 de decembro de 2014

Semana da Discapacidade 2014

Un ano máis imos conmemorar a semana da discapacidade para concienciar aos nosos alumnos/as coas diferencias que presentan as persoas da nosa sociedade. Na entrada do cole colocaron uns paneis que teñen unha información moi curiosa.

Este kit de simulación da vellez puxéronllo á nosa profe. Resultou ser moi incómodo estar coa mobilidade reducida, non poder agacharse con facilidade, non escoitar ben o que din os demais e, sobre todo, non ver case nada....realmente angustioso. O que pretendían con esta proba era que nos decataramos que todos, nalgún momento, iamos pasar por isto e que cando nos atopemos cunha persoa maior, entender que é máis lenta ca nós e temos que ter máis paciencia.

Na clase vimos un par de curtametraxes sobre a deficiencia auditiva e a deficiencia visual e mañá, venres 5 de decembro, imos ter a visita de ASPANEPS (Asociación de Pais de Alumnos/as con Necesidades Psicosociais). Creo que imos vivir experiencias diferentes así que xa vos contaremos. Deica mañá!!


A xornada comezou cunha pequena explicación sobre conceptos como integración social, autonomía, independencia, discapacidade, barreiras físicas, barreiras sociais, etc




Despois comezamos a actividade "Ponte no meu lugar", que consistía en poder experimentar en primeira persoa como se sinte unha persoa con algún tipo de discapacidade. Primeiro puxéronnos uns antifaces cos que non podiamos ver nada.







Despois puidemos subir a unhas cadeiras de rodas manuais para comprobar se o noso centro está ou non adaptado ás necesidades que pode presentar un alumno/ con mobilidade reducida.
As experiencias foron variadas. Para poder acceder ao centro dende o patio cuberto tivemos que dar toda a volta porque alí había escaleiras e non podiamos acceder.
As portas da entrada son o suficiente amplas para poder acceder ao centro por elas.





Unha vez dentro fomos a diferentes sitios. Diego intentou entrar nos aseos dos alumnos/as e, aínda que deu entrado, tivo bastantes dificultades e levoulle bastante tempo.



Unha vez dentro, el mesmo preguntouse como faría se tivera necesidade de "ir ao baño" e decatouse que non podería xa que os aseos do centro non están adaptados.

Alex, axudada por Aroa, e Iria Villar, axudada por Nerea, probaron na Biblioteca. A porta era máis ampla que a do aseo e entraron sen problema



Xa dentro, apareceron algunhas barreiras....os libros das estanterías están moi altos!!!!!!!

Pero O Ramo sorprendeu aos nosos invitados para ben xa que temos unha rampa de acceso dende o aparcadoiro ata a primeira planta. Así que alá foron Iria Fernández, Lucía e Gabriel. Entraron na clase de 1º e claro, as mesas quedábanlles algo baixas. Tamén poderían ir ás aulas de educación infantil, plástica, psicomotricidade, 2º e 3º pero....e se quixeran ir á clase de inglés, relixión , PT e Al ou á aula de informática???? Pois non poderían xa que non hai acceso á segunda planta.







Por último, xa na nosa clase, fixemos algunhas actividades como atopar nunha lámina as barreiras físicas no plano dunha cidade. Tamén coloreamos uns circuliños co logotipo "Ponte no meu lugar" e a que non sabedes para que era....pois Edwin tiña unha máquina para facer chapas, e ensinounos como facían. A súa asociación ten uns talleres nos que fan chapas para vender, tamén serigrafían camisetas, calcetíns, xerseis, etc e fan uns cadernos de material reciclado moi chulas.




Ao final regaláronnos un caderno e unha chapa a cada un de nós e invitáronnos a visitar os seus talleres. A ver se podemos ir, gustaríanos moito.
A actividade foi moi enriquecedora e seguiremos traballando para concienciar aos nosos alumnos na diversidade. Un saúdo a tod@s!!!





Exposición de Pintura

Hoxe tamén asistimos a unha exposición de pintura na Fundación ABANCA. Asistimos todo o alumnado do cole en varios grupos. Vimos grabados de diferentes pintores entre os que se encontraba PICASSO. Otros son: Maruja Mallo, Antonie  Tapies, Antonio Saura, Joan Miró...

A guía íanos dando unhas tarxetas nas que habían unhas preguntas e respostas e, en grupos de 5 persoas, tiñamos que atopar o cadro ao que facía referencia dita tarxeta. Logo proporcionábanos a información sobre o cadro e o pintor do mesmo. isto fixémolo en distintas salas e así percorrimos o museo.

















Ao final, leváronnos a un pequeno estudo de pintura na que, tamén en grupos, elaboramos uns grabados sinxelos. Ímolo ver por pasos





 Primeiro pedíronnos que cada equipo debuxara unha forma xeométrica´.





Este equipo escolleu un triángulo
 Cun aparello chamado gubia, tiñamos que ir zigzagueando no coiro e ir facendo un surco no triángulo. Era bastante complicado e había que ter moito coidado.


Depois de tódolos  membros de cada un dos equipos utilizara a gubia......






 Explicáronnos como botarlle a pintura e pasámolo por unha máquina chamada TÓRCULO que era unha especie de prensa
 Así quedou estampado o triángulo nunha pasta de papel. Parece doado pero, isto so era un triángulo. Que difícil facer un cadro con tantos matices diferentes!!!
Este foi o resultado final.

mércores, 3 de decembro de 2014

Museo Naval 2014

Hoxe fomos a Ferrol visitar o Museo Naval. Aínda que xa o vimos o curso pasado, gustounos moito igualmente.
A visita comezou nunha sala onde vimos dous Mascaróns de Proa, (Neptuno e un León)




















unha vitrina chea de moedas de prata utilizadas nos séculos XV-XVI





 e distintos tipos de torpedos e minas submariñas


















Asombrounos bastante un carro de bombeiros a vapor tirado por cabalos, inventado por unha compañía inglesa, que utilizaba a auga do mar



Tamén vimos unhas cabezas de hélices súper grandes.........





e como quedou o casco dun barco despois de recibir unha bomba de ETA no País Vasco


Explicáronnos como se utilizaban distintos tipos de armas a bordo dos barcos.






Estes son CHUZOS e son, precisamente, a causa da expresión que todos nós coñecemos "choven chuzos de punta".









Vimos tamén unhas máquinas dende onde se daban,por exemplo,  ordes de disparar os torpedos





e un disco duro de 10MB do ano 1967, mirade que grande era






Tivemos moita sorte!!!!!! Hoxe era o primeiro día que expoñían ao público as maquetas das tres carabelas que Colón utilizou cando descubriu América.






Tamén estreaban unha sala onde estaban os mobles orixinais do camarote do Capitán do Canarias










Esta é unha cubertería de prata que se utilizaba en ocasions especiais














Ademais de ver diferentes tipos de brúxulas, sextantes, compás de tres brazos, cronómetros, etc,





















vimos unha corda chea de nós(entre eles había unha distancia de 15 metros e pico) enrolada que nun extremo tiña unha especie de triángulo de madeira e un reloxo de area.








Pois ben botaban ao mar este aparello de madeira e poñían o reloxo de area en marcha. Cando a area (que tardaba 30 segundos) pasaba ao outro lado, recollían o aparello e contaban cantos nós se soltaran ao mar. De aí ben a medida da velocidade dos barcos en "nudos".


Por último vimos unha ESPINGARDA que foi a primeira arma de fogo que houbo




e a silla na que se sentaba Franco para pescar no seu iate Azor





Ao final sacamos esta foto co mascarón de proa do iate citado anteriormente