Visitas do Blog

luns, 31 de marzo de 2014

Hora de Ler

Hoxe levamos a cabo os apadriñamentos lectores do 2 º trimestre. Trátase de que os alumnos / as máis maiores (3 º, 4 º, 5 º e 6 º)  len un conto aos máis pequenos.  Cada padriño / madriña ten adxudicado un   afillado ou   afillada,  escollen un  libro/conto e buscan o sitio do cole que máis lles gusta.  E ... durante a Hora de Ler todos disfrutan coa lectura. Tamén os profes, claro!
Aquí vos deixamos unhas fotos.








martes, 25 de marzo de 2014

Ilustrador

Este curso non paramos de ter visitas, todas elas interesantes e diversas, que nos axudan a enriquecer a nosa aprendizaxe. Hoxe tocoulle a Iván Suárez, un ilustrador.
Como xa sabedes  , o ilustrador encárgase de ilustrar (facer debuxos ) dos contos, libros, cómics ... que nos gusta tanto ler.
Falounos de como entre el e un  amigo escritor déronlle vida a un cómic .Lévalles moito  tempo porque teñen que facer moitas  probas, deseñar os personaxes  , os espazos onde se desenvolve a historia, etc
Foinos amosando algúns bocetos ...

Tamen vimos como dar sensación de cercanía e distancia utilizando distintos tipos de planos

Ilustrador II

Por último mandounos deseñar un pequeno cómic a cada un de nós. Eleximos uns personaxes, pegámolos nun folio e fomos poñéndolles diferentes expresións e os diálogos que quixemos. Aquí tedes dous cómics feitos polos alumnos/as de 5º


mércores, 19 de marzo de 2014

Celebracións

Hoxe a nosa compañeira Iria cumpliu 11 anos. Cantámoslle Cumpleanos feliz...e convidounos    cunha tarta    que,              ademáis de estar boísima era  moi bonita.



                              MOITAS FELICIDADES!!!