Visitas do Blog

luns, 9 de decembro de 2013

SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS

A pasada semana celebramos o día da discapacidade. Na clase falamos de persoas que, por diferentes motivos, teñen que afrontar o seu día a día de maneira diferente e con máis esforzo ca nós.
Parécenos importante concienciar aos nosos alumnos da diversidade de persoas que temos ao noso arredor e que, a miúdo , ignoramos.
Para iso tivemos no centro a dúas persoas cegas que nos contaron a súa experiencia e ensináronnos como, con moito esforzo ,tenacidade e o apoio das persoas máis cercanas se pode conseguir todo aquilo que un se propoña. Tamén limos na clase algún conto que nos sensibilizou co tema: "O cazo de Lorenzo" e " La tortuga Marian".
Ademáis vimos unha curtametraxe que nos deixou sen palabras. Aquí vos deixo o enlace por si queredes volver a vela: El circo de las mariposas

venres, 29 de novembro de 2013

Aforramos Auga en Galicia

O pasado xoves 28 de novembro tivemos unha actividade sobre o aforro da auga. Se queredes máis información pinchade no seguinte enlace: ciclo da auga