Visitas do Blog

xoves, 10 de abril de 2014

Atletismo Divertido

Como vén sendo habitual tódolos anos, o Concello de Fene organiza a xornada de Atletismo Divertido: unha actividade pensada para practicar deporte e compartilo cos nenos e nenas doutros coles do concello  Este ano tocounos ir co colexio de Centieiras e o de Os Casais. Xa coñeciamos a moitos nenos deses coles así que foi moi divertido. Debido ao mal termpo celebrouse no Pavillón da Xunqueira pero aínda así estivo moi ben organizada e non houbo ningún conflito. Parécenos unha actividade moi enriquecedora e voltaremos o próximo ano, que para nós, será o último. 
Agora toca DESCANSAR uns dias para afrontar o último tramo deste curso. Ánimo e felices vacacións.
Vémonos o martes 22.

venres, 4 de abril de 2014

Excursión Ferrol

Hoxe asistimos a un concerto didáctico interpretado pola Banda do Tercio Norte. Compartimos esta actividade cos nenos de 1 º e 2 º do CEIP Centieiras e gustounos moito. Foron dándonos unhas pequenas explicacións sobre os instrumentos que formaban  de parte da banda á vez que ían interpretando diversas cancións coñecidas: a Panteira Rosa,  a Bela e a Bestia, os Simpson, a Galiña Turuleta, os Picapedra ...





.









A continuacion vimos unha exhibición  de cans especializados en buscar drogas, explosivos e delincuentes .... IMPRESIONANTE!










Despois tiñamos reservada unha visita guiada ao Museo Naval onde vimos, entre outras cousas,  como era o primeiro traxe que se utilizaba para sumerxirse na auga. Realmente pesado e aparatoso.




Una maqueta da embarcación Juan Sebastián El Cano





Unha maqueta da Lancha de Mugardos


Distintos tipos de armas




E  unha sala chea de Bandeiras de España utilizadas en diferentes épocas históricas do noso país.Esta que  vedes a continuación era a  bandeira oficial  na época do franquismo.




Ainda que tivemos pouco  tempo , foi moi interesante.