Visitas do Blog

venres, 28 de febreiro de 2014

Entroido 2014

Un ano máis imos celebrar o Entroido e temos que ir pensando de que nos imos disfrazar.

Como este curso estamos a levar a cabo un proxecto que se titula "Por terra, mar e aire" todo o cole vaise disfrazar de diferentes animais e  cada ciclo está elaborando uns disfraces moi chulos. 
A nós , os do 3º ciclo, tocounos ir de aves e as  escollidas foron os ANGRY BIRDS, eses paxaros algo raros que sempre están enfadados.
 Despois de moito traballo e algún quebradeiro de cabeza chegou o día de ensinar todo o noso traballo.
Empezamos a primeira hora da mañá: disfrazámonos, pintámonos a cara e baixamos ao salón de actos para o festival. Estaba o salón cheo de familiares. Todos os cursos fixeron algo: uns cantaron, outros interpretaron unha pequena obra...e nós, os de 5º, xunto cos nosos compañeiros de 6º interpretamos unha canción con diversos instrumentos. Era bastante difícil e costounos bastante aprendela pero ao final saiunos ben. Temos que dicir que os nenos e nenas de 2º acompañáronnos cantando. Quedou chulísimo.
Despois saímos polos arredores dando un pequeno paseo e ao chegar de volta ao cole.....
O TÚNEL!!!!!! 
Hai que pasar por el e ter coidado xa que che pode caer unha pouca auga ou algo de fariña...e ao saír del unha rosquilliña, orella ou freixó para darnos unhas poucas forzas.Aquí vos deixo unhas imaxes para que vexades que ben o pasamos. ATA O PRÓXIMO ANO!!!

mércores, 26 de febreiro de 2014

Entroido 2014

Bueno, pois si que lle fixeron caso ao Corruptor ese. Tiñades que ver a case todos cun chupetiño, algúns moi contentos por certo, e cun babeiro tod@s guap@s. Aquí tedes unha pequena mostra






















Por último, leuse o último mandato deste Meco tan peculiar e...a que non sabedes o que nos mandou?

VIR AO COLE SEN DEBERES. XENIAL, NON NOLO PODIAMOS CRER!!!!!!!!!!De súpeto estalou un alboroto tremendo, e non era para menos



martes, 25 de febreiro de 2014

Entroido 2014

Aquí estamos outra vez co Sr. The corruptor. Hoxe tivo a brillante idea de mandarnos traer un chupete e un babeiro. Que vos parece? Pois si que está ocurrente.
Estaremos ollo avizor e....se alguén non o trae.......meterémoslle unha multa. Jajaja

luns, 24 de febreiro de 2014

Entroido 2014

Xa chegou o ENTROIDO  ao RAMO ....The Corruptor Chourizo fixo a súa aparición o pasado venres....é moi.......ejem...non sabería como definilo.
Pois nada, que se sentou na entrada do noso cole e agora non hai quen o mova de alí. é máis, hoxe deixounos un recadiño: disque mañá hai que levar un diadema ou coroa para decorar a cachola. Hai que ver as cousas que di, veremos mañá se alguén lle fixo caso.
Pois si que lle fixeron caso. Mira que guapiñas están estas rapazas!!

xoves, 20 de febreiro de 2014

Charla Internet

Onte  tivemos outra visita. Esta vez tratábase de Jesús López Bergantiños,un Garda Civil que nos veu falar dos riscos que corremos ao navegar por internet. A charla estaba dirixida aos nenos/as de 3º ciclo(5º e 6º). 
Resultou moi interesante e aprendimos, por exemplo, que non hai nada gratis, que a xente non invirte o seu tempo e os seus coñecemewntos a cambio e nada.  Explicounos que é unha rede social e o que non debemos facer se temos unha: hai que tomar certas precaucións como non colgar fotos que non poñeriamos no taboleiro do cole, non dar información persoal a xente que non coñecemos, non aceptar "amigos" polo mero feito de aumentar a lista, etc. Tamén nos falou e ensinou un Código Penal, que é un libriño onde veñen recollidas as faltas ou delitos que pode cometer alguén e os castigos ou penas que lle poden caer, sexa ou non maior de idade. Díxonos que era o que miraban os xuíces. Quedáronlle tantas cousas que contarnos que ao mellor volve a finais de curso. Diego, que saiu voluntario para ler un pouco do Código Penal,pediulle tocar a súa chaqueta, que lle facía moita ilusión. Jesús deixoulle tocala e púxolla enriba...jajaja.....estaba moi gracioso!



xoves, 13 de febreiro de 2014

Charla bombeiro

Hoxe veu Manel, un bombeiro que nos explicou que temos que facer no caso de que haxa un incendio no colexio.Realmente aprendimos moitas cousas.Aquí están os pasos a seguir:
 1. Pechar todas as ventanas.
 2. O/A encargado de clase tocaría a porta para ver se está quente. Se é así todos deberemos ir ao final da aula(quere dicir que o incendio está ao outro lado da porta)e quedarnos alí. Se a porta está fría deberá abrila un pouco e comprobar se fóra hai fume, ao comprobar que non hai imos saíndo.
 3. Da clase temos que saír EN FILA, EN ORDE e EN SILENCIO. É moi importante o silencio xa que pode que alguén estea nun servicio ou nun armario pedindo axuda e non o escoitemos.
4. Baixaremos polas escaleiras que están en fronte á nosa clase. Como nós estamos na seguna planta debemos ir pegados ao pasamán. É moi importante isto porque os da 1ª planta irán pegados á parede. A clase que sae primeiro é a que está máis cerca das escaleiras. Antes de baixar debemos petar nas portas veciñas para avisar aos demais, por se non se enteraron.
5. Ao saír da clase non collemos nada (nin mochilas, nin abrigos...) e o último da fila collerá unha silla e a porá fóra, coa porta pechada. Así cando cheguen os bombeiros saberán que esa aula está evacuada.
6. Baixaremos(se é o caso tapando o nariz) e sairemos pola parte esquerda da porta principal ata chegar ao punto de encontro, que será detrás da segunda canasta.
 ***No caso de estar na aula de inglés, como está no mesmo pasillo seguiranse os mesmos pasos.
***No caso de estar na aula de música faremos o mesmo pero baixando polas escaleiras do outro lado. Nese caso sairemos pola parte dereita da porta que dá ao patio cuberto e o punto de encontro será ao lado do pavillón.
***No caso de estar na aula de plástica a baixada realizarase pegados á parede, xa que está na primeira planta, e a saída será pola parte esquerda da porta que dá ao patio cuberto.
***Se alguén está no servicio debe unirse ao primeiro grupo que atope e non dar voltas buscando á súa clase. Para calquera URXENCIA chamar ao 112