Visitas do Blog

xoves, 4 de decembro de 2014

Semana da Discapacidade 2014

Un ano máis imos conmemorar a semana da discapacidade para concienciar aos nosos alumnos/as coas diferencias que presentan as persoas da nosa sociedade. Na entrada do cole colocaron uns paneis que teñen unha información moi curiosa.

Este kit de simulación da vellez puxéronllo á nosa profe. Resultou ser moi incómodo estar coa mobilidade reducida, non poder agacharse con facilidade, non escoitar ben o que din os demais e, sobre todo, non ver case nada....realmente angustioso. O que pretendían con esta proba era que nos decataramos que todos, nalgún momento, iamos pasar por isto e que cando nos atopemos cunha persoa maior, entender que é máis lenta ca nós e temos que ter máis paciencia.

Na clase vimos un par de curtametraxes sobre a deficiencia auditiva e a deficiencia visual e mañá, venres 5 de decembro, imos ter a visita de ASPANEPS (Asociación de Pais de Alumnos/as con Necesidades Psicosociais). Creo que imos vivir experiencias diferentes así que xa vos contaremos. Deica mañá!!


A xornada comezou cunha pequena explicación sobre conceptos como integración social, autonomía, independencia, discapacidade, barreiras físicas, barreiras sociais, etc




Despois comezamos a actividade "Ponte no meu lugar", que consistía en poder experimentar en primeira persoa como se sinte unha persoa con algún tipo de discapacidade. Primeiro puxéronnos uns antifaces cos que non podiamos ver nada.







Despois puidemos subir a unhas cadeiras de rodas manuais para comprobar se o noso centro está ou non adaptado ás necesidades que pode presentar un alumno/ con mobilidade reducida.
As experiencias foron variadas. Para poder acceder ao centro dende o patio cuberto tivemos que dar toda a volta porque alí había escaleiras e non podiamos acceder.
As portas da entrada son o suficiente amplas para poder acceder ao centro por elas.





Unha vez dentro fomos a diferentes sitios. Diego intentou entrar nos aseos dos alumnos/as e, aínda que deu entrado, tivo bastantes dificultades e levoulle bastante tempo.



Unha vez dentro, el mesmo preguntouse como faría se tivera necesidade de "ir ao baño" e decatouse que non podería xa que os aseos do centro non están adaptados.

Alex, axudada por Aroa, e Iria Villar, axudada por Nerea, probaron na Biblioteca. A porta era máis ampla que a do aseo e entraron sen problema



Xa dentro, apareceron algunhas barreiras....os libros das estanterías están moi altos!!!!!!!

Pero O Ramo sorprendeu aos nosos invitados para ben xa que temos unha rampa de acceso dende o aparcadoiro ata a primeira planta. Así que alá foron Iria Fernández, Lucía e Gabriel. Entraron na clase de 1º e claro, as mesas quedábanlles algo baixas. Tamén poderían ir ás aulas de educación infantil, plástica, psicomotricidade, 2º e 3º pero....e se quixeran ir á clase de inglés, relixión , PT e Al ou á aula de informática???? Pois non poderían xa que non hai acceso á segunda planta.







Por último, xa na nosa clase, fixemos algunhas actividades como atopar nunha lámina as barreiras físicas no plano dunha cidade. Tamén coloreamos uns circuliños co logotipo "Ponte no meu lugar" e a que non sabedes para que era....pois Edwin tiña unha máquina para facer chapas, e ensinounos como facían. A súa asociación ten uns talleres nos que fan chapas para vender, tamén serigrafían camisetas, calcetíns, xerseis, etc e fan uns cadernos de material reciclado moi chulas.




Ao final regaláronnos un caderno e unha chapa a cada un de nós e invitáronnos a visitar os seus talleres. A ver se podemos ir, gustaríanos moito.
A actividade foi moi enriquecedora e seguiremos traballando para concienciar aos nosos alumnos na diversidade. Un saúdo a tod@s!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario