Visitas do Blog

venres, 26 de setembro de 2014

Festa da Benvida

Un ano máis, celebramos a Festa da Benvida, xa tradicional no noso cole.
Xogamos ás mazás colgadas, ás mazás na auga e ao baile da mazá. Tamén facemos un circuito de froitas, que vén sendo unha mini carreira de relevos. Coma sempre pasámolo pipa.
Tamén celebramos o concurso de postres, para o cal case todo o mundo colabora realizando eses postres tan apetitosos e que tanto nos gustan. Este ano o máis votado foi un queique de iogur con pepitas de chocolate, que fixo Mario, de 4º...mmmm! Boísimo!!!
Pasámolo xenial e o tempo portouse moi ben.
Ata a próxima!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario