Un ano máis, celebramos a Festa da Benvida, xa tradicional no noso cole.
Xogamos ás mazás colgadas, ás mazás na auga e ao baile da mazá. Tamén facemos un circuito de froitas, que vén sendo unha mini carreira de relevos. Coma sempre pasámolo pipa.
Tamén celebramos o concurso de postres, para o cal case todo o mundo colabora realizando eses postres tan apetitosos e que tanto nos gustan. Este ano o máis votado foi un queique de iogur con pepitas de chocolate, que fixo Mario, de 4º...mmmm! Boísimo!!!
Pasámolo xenial e o tempo portouse moi ben.
Ata a próxima!!
Visitas do Blog
venres, 26 de setembro de 2014
martes, 9 de setembro de 2014
BENVID@S AO NOVO CURSO
Despois de case tres meses de vacacións (eu non eh!) chegou o momento de voltar ao cole. Espero que esteades preparados.
Vai ser un ano un tanto especial. Os alumn@s de 6º comezan o que será o seu último curso no cole, así que espero que sexa moi especial para vós e que o disfrutedes.
Ademais estaredes na clase cos vosos compañeiros de 5º, compartindo titora e algunhas materias como E.F, Música, Plástica, At. Educativa e L. Castelá e Galega.
15 alumn@s en total, non está mal eh?
Deséxovos o mellor a tod@s e BO COMEZO DE CURSO!!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)