Visitas do Blog

xoves, 10 de abril de 2014

Atletismo Divertido

Como vén sendo habitual tódolos anos, o Concello de Fene organiza a xornada de Atletismo Divertido: unha actividade pensada para practicar deporte e compartilo cos nenos e nenas doutros coles do concello  Este ano tocounos ir co colexio de Centieiras e o de Os Casais. Xa coñeciamos a moitos nenos deses coles así que foi moi divertido. Debido ao mal termpo celebrouse no Pavillón da Xunqueira pero aínda así estivo moi ben organizada e non houbo ningún conflito. Parécenos unha actividade moi enriquecedora e voltaremos o próximo ano, que para nós, será o último. 
Agora toca DESCANSAR uns dias para afrontar o último tramo deste curso. Ánimo e felices vacacións.
Vémonos o martes 22.

Ningún comentario:

Publicar un comentario