Visitas do Blog

xoves, 30 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz. Levamos varios días facendo actividades relacionadas coa Paz. Todos os alumnos e alumnas colorearon e recortaron os distintos debuxos que compoñen un arco iris que puxemos na entrada do noso cole. Aquí está o resultado. Quedou precioso!!
Este ano viñeron uns señores cunha pombas mensaxeiras. Un neno/a de cada curso foi collendo unha e soltáronas todas á vez.. Xenial!!! Tamén fixemos, como tódolos anos, un concurso de pegatinas. Gañou unha que fixo Aroa de 4º. As que non se elixiron pegámolas no corcho de abaixo.
Tiñamos a palabra paz en varios idiomas e enchímolas de lemas pola PAZ. Ao final pegámolas nas fiestras da planta baixa para que todo o mundo poida velas.
Por último formamos un corro e cantamos "No niño novo do vento", de Álvaro Cunqueiro. Foi un día moi bonito e desexamos de todo corazón que os sentimentos de PAZ que hoxe se recordaron os teñamos presentes tódolos días do ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario