Ademais temos outro axudante; Dani, que está a facer prácticas no Ramo. Estará con nós ata o 27 de marzo. Esperamos que se atope a gusto.
Despois de que actuaran os nen@s de infantil,1º ciclo, 4º EP e 3º EP tocounos a nós. A profe estaba tan pendente de que a entrada no salón de actos fora axeitada que se esqueceu de poñer no escenario o asento do Rei e O ENTROIDO........Ai!!!!! Que desastre!!!!! Tivo que subir ao escenario coa obra xa empezada e sacar a cadeira e o Meco.
Bueno, despois de todo este desaguisado, menos mal que todo saiu......XENIAL.
Dende o mes de outubro, que empezamos lendo a obra na Hora de Ler, ata hoxe, foi moito o traballo realizado. Espero que todos os asistentes desfrutaran tanto coma eu. Parabéns aos 15 porque se esforzaron un montón.
Despois de todo este estrés tocaba soltar a adrenalina no "Túnel do Medo". Que ben o pasasron.
FELIZ ENTROIDO!!!!!!!!!!!