Este curso non paramos de ter visitas, todas elas interesantes e diversas, que nos axudan a enriquecer a nosa aprendizaxe. Hoxe tocoulle a Iván Suárez, un ilustrador.
Como xa sabedes , o ilustrador encárgase de ilustrar (facer debuxos ) dos contos, libros, cómics ... que nos gusta tanto ler.
Falounos de como entre el e un amigo escritor déronlle vida a un cómic .Lévalles moito tempo porque teñen que facer moitas probas, deseñar os personaxes , os espazos onde se desenvolve a historia, etc
Foinos amosando algúns bocetos ...
Tamen vimos como dar sensación de cercanía e distancia utilizando distintos tipos de planos